Natureza

O Centro Tecnológico del Mar é unha fundación de interese galego que nace no ano 2001 por iniciativa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e da Dirección Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia e Innovación.

O obxectivo fundamental do Centro é impulsar a cooperación entre institucións, centros de investigación e sector marítimo-pesqueiro, así como fomentar a implicación dos sectores dependentes do mar en actividades de I+D+I e favorecer a eficiencia de tódalas actividades relacionadas co uso e explotación do medio mariño.

As accións do CETMAR esténdense ao ámbito nacional, europeo e internacional, sendo beneficiarios da súa actividade todos os sectores públicos e privados relacionados co mar e os seus recursos, e o medio mariño en xeral.

Os comentarios est