Organización

Directora-xerente, Paloma Rueda Crespo.

O Centro organízase en oito áreas de traballo:

  • Área xerencial: Encárganse da dirección e administración do centro a Xerencia e a Secretaría Xeral. Esta última desenvolve ademais proxectos específicos en colaboración coas restantes áreas.
  • Control e xestión do medio e os recursos mariños: Orientada á protección, rexeneración e mellora da xestión do medio e dos recursos mariños. As súas liñas básicas de actuación son a prevención, resposta e mitigación da contaminación mariña de orixe natural ou antropoxénica e o desenvolvemento de estudos sobre o estado do medio e os seus recursos, ademais doutras accións orientadas á minimización do impacto ambiental da pesca e da acuicultura.
  • Cooperación internacional: O seu obxectivo é promover e apoiar o desenvolvemento dos sectores mariños de terceiros países a través da cooperación en ámbitos como a conservación do medio natural, o desenvolvemento da acuicultura rural, a formación marítimo-pesqueira ou a promoción do sector pesqueiro artesanal, entre outros. Ademais, presta o seu apoio a empresas pesqueiras para a súa internacionalización en América Latina e África.
  • Formación: O seu obxectivo fundamental é mellorar a calidade de vida do sector marítimo-pesqueiro a través da formación. A actividade do departamento céntrase na formación propiamente dita —cursos e plans formativos— e na divulgación científica.
  • Promoción e transferencia de tecnoloxía: Dende esta área incídese especialmente en propiciar a conexión e a comunicación entre o contorno científico-tecnolóxico e o produtivo. A análise das capacidades científicas e tecnolóxicas do contorno e das tendencias e necesidades tecnolóxicas nos sectores relacionados co mar e os seus produtos, é un labor clave para a consecución dos seus obxectivos.
  • Socioeconomía da pesca: Promove estudos sobre o impacto económico das diferentes actividades do complexo mar-industria, e sobre a comercialización e os mercados de produtos da pesca, sobre hábitos de consumo ou seguimento de prezos. Tamén ofrece apoio ás institucións e empresas para a análise e seguimento de políticas públicas, modelos de xestión e a avaliación do impacto da regulación nacional, comunitaria e internacional. Finalmente, aborda os aspectos sociais da pesca como sistema de organización, dinámica de grupos ou aspectos relacionados coa diversificación do sector.
  • Tecnoloxía dos produtos pesqueiros: A seguridade alimentaria e a calidade nutricional, así como a adecuación de especies depreciadas e a valorización dos residuos, son ámbitos nos que desenvolve a súa actividade esta área, que ademais traballa en proxectos para asegurar a calidade de novos produtos.
  • Unidade de tecnoloxía mariña: Esta Unidade pretende o desenvolvemento de capacidades e iniciativas no eido da tecnoloxía mariña; propicia o seu crecemento e transferencia, así como a prestación de servizos altamente cualificados.

Os comentarios est